A VEIGA, DE BRAZOLINDA XOGOS
A VEIGA, DE BRAZOLINDA XOGOS
  • Cargar imagen en el visor de la galería, A VEIGA, DE BRAZOLINDA XOGOS
  • Cargar imagen en el visor de la galería, A VEIGA, DE BRAZOLINDA XOGOS

A VEIGA, DE BRAZOLINDA XOGOS

Precio habitual
€30,00
Precio de venta
€30,00
Precio habitual
Agotado
Precio unitario
por 
Impuesto incluido. Los gastos de envío se calculan en la pantalla de pagos.

* Este juego esta escrito 100% en gallego.

Idade orientativa: a partir de 3 anos.

Un día saímos de excursión ó pé do río Miño, dende o seu nacemento no Pedregal de Irimia ata a desembocadura no inmenso Atlántico. Cando paramos á sombra dunha árbore para repoñer forzas cunha empanada de millo e queixo afumado, decatámonos do fermoso que era aquel lugar. Ó lonxe, a serra de Meira; máis preto, un terreo baixo, amplo e fértil ó carón do río: a veiga. Eu non sei que pasou, pero de repente sentimos que aquel era o noso lugar.

Con moito respecto cara o entorno, decidimos cultivar alí a nosa nova hortiña. Preparamos o terreo, regamos usando só a agua necesaria para que o río non secase; sementamos coidando aquelas primeiras follas para que non as comesen os ratos, caracois e lesmas; e logo agardamos. Un día todo floreceu, madurou e patacas, grelos, tomates e cenouras estaban listos para seren apañados. A colleita non era moi grande, pero suficiente para a nosa familia.

Finalidade do xogo: O xogo consiste en regar, sementar, agardar a que medren e, finalmente, apañar os produtos da horta: cenouras, grelos, tomates e patacas. Mais cómpre facelo antes de que os coman os animais e sen que o río seque. Tódolos xogadores irán no mesmo equipo e terán que tomar decisións ó longo da partida sobre o uso da auga ou o momento idóneo para sementar, apañar ... Decisións sinxelas pero moi importantes.